Acabo de ler "las mil y una noches" pero non a versión de Jean Antoine Galland que se publicou a comenzos do século XVIII e que xa tiña lido hai anos por influencias de Borges, senon unha versión de "las mil y ..." máis antiga que data do século XIV e que se conserva na Biblioteca Nacional de París, esta edición ten moitas vantaxes como é a tradución directa, e ben feita, do árabe que realizaron M. Dolors Cinca e Margarita Castells que fai que sexa amena a súa leitura no xeito moderno da súa tradución (que tamén fixeron en catalán LES MIL I UNA NITS en 3 volumes EDICIONS PROA Col·lecció: "A tot vent"), que ainda seguindo o esquema de escritura de "las mil.." o tipo de redacción e os contos fan moi fácil e entretida a súa leitura.Señor de Brétemas para cando unha versión en galego de "AS MIL E UNHA NOITES"?
Um comentário:
Eu lino cando era pequena (ou máis nova, como queiras) pero non sei que versión era, que andaba ciscado pola casa e a verdade ben merecía estar en galego. Apoio a moción :) e ola!
Postar um comentário