12/04/2007

CABREO


Estou cabreado. Onte na autopista estiven a punto de matarme. Entre as seis as sete da tarde pasou unha tormenta, con tronos e lóstregos, de sul a norte. Cando comenza a chover, lostregar e tronar forte en Compostela collo o coche e saio en dirección a Vigo. Xa que chovía moito iba lento por precaución, entre noventa e centodez por hora. Ao chegar a, máis menos, dous quilómetros antes da saida de Caldas vexo que o chan brila, dous coches a direita, no rego, esnaquizados. Noto... “aquaplaning”, freo. Sorte de ter ABS. O coche aguantouse. Miro polo retrovisor, tras miña un que se vai contra a mediana, outro para o rego. Chego a peaxe e pido o libro de reclamacións.
Si collemos a autopista soe ser por seguridade e por gañar tempo, pero esta é autopista que temos. As árbores polos lados, había que ver como ardían no vrán. As cunetas sen limpar. Aplicacións de herbicidas as beiras. Firme en mal estado e cheos de baches. Non derna ben, caen catro pingas e xa fai una lámina de auga.
Por riba o PP aumentoulle a concesión non sei cantos anos máis, manda carallo!

Um comentário:

Ghanito disse...

Únese vostede á extensa nómina de descontentos con Audasa. Xa somos lexión.

O da prórroga da concesión, de xulgado.