Onte acabouse a Pascoa en Padrón. Había que comer o polbo . Probamos varios e acabamos comendo na de Mambís de Pontecesures en detrimento das pulpeiras do Carballiño que por Lugo e Ourense teñen moita sona mais por este lado e dende Compostela a Rianxo os de Mambís tamén son moi sonados. Do viño mellor non opinar. Manchaba. Imos ter que decir o mesmo que aquel colega de Xunqueira de Ambía que cando veu a duas persoas comer o polbo con Rioja díxolles que o polbo había que tomalo con un viño que non soubese nin con gasosa. O que tomamos nós por aí andaba.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário