10/04/2007

P.O.G.


O sábado, un amigo mandoume un correo que decía Cartelería Galega pincha aquí Berto e … pinchei, e pinchei, e agrandei, e disminuin, e para diante, e para atrás.
Que flash emocional, chorei, e chorei moito. Tiven que beber un vaso de auga, acougar, de repente a memória, esa memória da que agora xa me vou queixando moito porque me xoga malas pasadas esquecéndose a cabrona de nomes e de feitos, esa memória de repente puxo a moverse e pasa por diante de min toda unha época, unha morea de nomes, de situacións –taquicadia-, de inesquencibles momentos, de cousas que comenzaron xá fai trinta anos, e que ... pois que carallo! non me arrepinto de nada. Miro para atrás, agora para diante, sorpresa : “sigo pensando o mesmo que fai trinta anos”, “estou nas mesmas liortas que fai trinta anos”. Conclusión: moito cambiaron os outros (ou é verdade ou non teño aboa).

Dos moitos cartaces que eu poderia poñer aquí elixo este por moitos motivos o primeiro: políticos. Despois de purgas, abandonos, amargamentos e outras cousas que poderíamos poñer, entre xuño e xullo do 1977 xuntámonos, bastantes homes e mulleres, no colexio de Praceres (Pontevedra), alí todos tíñamos claro que estabamos xuntos por dúas cousas: polo socialismo e polo republicanismo. Dalí saiu o P.O.G., que máis adiante da lugar a Esquerda Galega, e logo a U.G. que no derradeiro ano xunto con E.N. acaban configurando o movemento de A Alternativa, e sempre esas dúas ideas primeiras de socialismo democrático e república (si hai tempo algún día escribirei deste longo recorrido de trinta anos).

O segundo motivo é persoal, é decir, das persoas, ao ver os cartaces empecei a poñerlle nome a moitas caras, que por motivos da vida, hai tempo que non as ves e a outras que si ves e que que te sintes ledo de que siguen na mesma loita que tí. Este cartaz ten o seu aquel, non me lembro de quen o diseñou xa que colaboraban con nós grandes deseñadores coma Janeiro, Antón Sobral ..., pero o aquel ao que me refiro eu é que me lembro que cando chegaron os cartaces ao local que tiña o P.O.G. en Compostela, naquela costa perto da praza roxa, estaban a discutir Camilo Nogueira, Paco Vizoso, Andrés Padrón e Xan López Facal de que a figura que aparecía xunto a Castelao non era Marx senón que era Gonzalo Vázquez Pozo. Xa falei de algunhas persoas pero este cartaz tamén me trae lembranzas de Ana Gandón, Paco Lores, Suso de Toro, Reme da Pontenova, Manolo Rivas, Daniel, Uxío Labarta, Tuco Cerviño, Alfonso Vázquez Monxardín, Carlos Vázquez, Marijé, Aurora Plata, Pura Barrio, Andrés Salgueiro, Xosé Luis Martinez, Harguindey, Méndez .... m´cajo na memoria, vedes agora que me poño a escribir xa comezo a esquecerme de nomes ainda me quedan moitos, pouco a pouco iran saindo. A solución a pregunta de quen era o da figura acabou en empate técnico, pero si era Marx a verdade é que se parecía moito a Gonzalo

Gracias Berto, por aduaneiros, e por traerme estas lembranzas a mín, e supoño que a moita xente, esto si que é un museu da historia recente e non unha carallada coma a C.C. (Cidade da Cultura)

Nenhum comentário: