Como
01/05/2007
21/04/2007
16/04/2007
As mil e unha
Acabo de ler "las mil y una noches" pero non a versión de Jean Antoine Galland que se publicou a comenzos do século XVIII e que xa tiña lido hai anos por influencias de Borges, senon unha versión de "las mil y ..." máis antiga que data do século XIV e que se conserva na Biblioteca Nacional de París, esta edición ten moitas vantaxes como é a tradución directa, e ben feita, do árabe que realizaron M. Dolors Cinca e Margarita Castells que fai que sexa amena a súa leitura no xeito moderno da súa tradución (que tamén fixeron en catalán LES MIL I UNA NITS en 3 volumes EDICIONS PROA Col·lecció: "A tot vent"), que ainda seguindo o esquema de escritura de "las mil.." o tipo de redacción e os contos fan moi fácil e entretida a súa leitura.Señor de Brétemas para cando unha versión en galego de "AS MIL E UNHA NOITES"?
PASCOA
Onte acabouse a Pascoa en Padrón. Había que comer o polbo . Probamos varios e acabamos comendo na de Mambís de Pontecesures en detrimento das pulpeiras do Carballiño que por Lugo e Ourense teñen moita sona mais por este lado e dende Compostela a Rianxo os de Mambís tamén son moi sonados. Do viño mellor non opinar. Manchaba. Imos ter que decir o mesmo que aquel colega de Xunqueira de Ambía que cando veu a duas persoas comer o polbo con Rioja díxolles que o polbo había que tomalo con un viño que non soubese nin con gasosa. O que tomamos nós por aí andaba.
15/04/2007
14 DE ABRIL
É o día da república e eu aquí carrexando rapaces para o campionato galego de surf, non todo vai a ser fútbol.
O problema é que oxe é o 14 de abril día da República, e ún ainda ten ese aquel de celebralo. Agardo teminar cedo, sobre as 12,00 máis menos, e entón elixirei a onde ir a celebralo e con que xente vou a estar, mentras tanto a disfrutar deste bo día de cara o mar.
12/04/2007
CABREO
Estou cabreado. Onte na autopista estiven a punto de matarme. Entre as seis as sete da tarde pasou unha tormenta, con tronos e lóstregos, de sul a norte. Cando comenza a chover, lostregar e tronar forte en Compostela collo o coche e saio en dirección a Vigo. Xa que chovía moito iba lento por precaución, entre noventa e centodez por hora. Ao chegar a, máis menos, dous quilómetros antes da saida de Caldas vexo que o chan brila, dous coches a direita, no rego, esnaquizados. Noto... “aquaplaning”, freo. Sorte de ter ABS. O coche aguantouse. Miro polo retrovisor, tras miña un que se vai contra a mediana, outro para o rego. Chego a peaxe e pido o libro de reclamacións.
Si collemos a autopista soe ser por seguridade e por gañar tempo, pero esta é autopista que temos. As árbores polos lados, había que ver como ardían no vrán. As cunetas sen limpar. Aplicacións de herbicidas as beiras. Firme en mal estado e cheos de baches. Non derna ben, caen catro pingas e xa fai una lámina de auga.
Por riba o PP aumentoulle a concesión non sei cantos anos máis, manda carallo!

10/04/2007
P.O.G.
O sábado, un amigo mandoume un correo que decía Cartelería Galega pincha aquí Berto e … pinchei, e pinchei, e agrandei, e disminuin, e para diante, e para atrás.
Que flash emocional, chorei, e chorei moito. Tiven que beber un vaso de auga, acougar, de repente a memória, esa memória da que agora xa me vou queixando moito porque me xoga malas pasadas esquecéndose a cabrona de nomes e de feitos, esa memória de repente puxo a moverse e pasa por diante de min toda unha época, unha morea de nomes, de situacións –taquicadia-, de inesquencibles momentos, de cousas que comenzaron xá fai trinta anos, e que ... pois que carallo! non me arrepinto de nada. Miro para atrás, agora para diante, sorpresa : “sigo pensando o mesmo que fai trinta anos”, “estou nas mesmas liortas que fai trinta anos”. Conclusión: moito cambiaron os outros (ou é verdade ou non teño aboa).
Dos moitos cartaces que eu poderia poñer aquí elixo este por moitos motivos o primeiro: políticos. Despois de purgas, abandonos, amargamentos e outras cousas que poderíamos poñer, entre xuño e xullo do 1977 xuntámonos, bastantes homes e mulleres, no colexio de Praceres (Pontevedra), alí todos tíñamos claro que estabamos xuntos por dúas cousas: polo socialismo e polo republicanismo. Dalí saiu o P.O.G., que máis adiante da lugar a Esquerda Galega, e logo a U.G. que no derradeiro ano xunto con E.N. acaban configurando o movemento de A Alternativa, e sempre esas dúas ideas primeiras de socialismo democrático e república (si hai tempo algún día escribirei deste longo recorrido de trinta anos).
O segundo motivo é persoal, é decir, das persoas, ao ver os cartaces empecei a poñerlle nome a moitas caras, que por motivos da vida, hai tempo que non as ves e a outras que si ves e que que te sintes ledo de que siguen na mesma loita que tí. Este cartaz ten o seu aquel, non me lembro de quen o diseñou xa que colaboraban con nós grandes deseñadores coma Janeiro, Antón Sobral ..., pero o aquel ao que me refiro eu é que me lembro que cando chegaron os cartaces ao local que tiña o P.O.G. en Compostela, naquela costa perto da praza roxa, estaban a discutir Camilo Nogueira, Paco Vizoso, Andrés Padrón e Xan López Facal de que a figura que aparecía xunto a Castelao non era Marx senón que era Gonzalo Vázquez Pozo. Xa falei de algunhas persoas pero este cartaz tamén me trae lembranzas de Ana Gandón, Paco Lores, Suso de Toro, Reme da Pontenova, Manolo Rivas, Daniel, Uxío Labarta, Tuco Cerviño, Alfonso Vázquez Monxardín, Carlos Vázquez, Marijé, Aurora Plata, Pura Barrio, Andrés Salgueiro, Xosé Luis Martinez, Harguindey, Méndez .... m´cajo na memoria, vedes agora que me poño a escribir xa comezo a esquecerme de nomes ainda me quedan moitos, pouco a pouco iran saindo. A solución a pregunta de quen era o da figura acabou en empate técnico, pero si era Marx a verdade é que se parecía moito a Gonzalo
Gracias Berto, por aduaneiros, e por traerme estas lembranzas a mín, e supoño que a moita xente, esto si que é un museu da historia recente e non unha carallada coma a C.C. (Cidade da Cultura)

09/04/2007
E DÁLLE!
E DÁLLE!
Nunca me plantexara o facer un blogue, pero o ambiente que me rodea de tanta crispación fai que teña necesidade de poder expresarme a través dunhas liñas que intentarei escribir o máis a cotío posible, xa que si non podo acabar toleando da cabeza.
O nome do blogue dálle! Ven da miña adolescencia cando intentaba marear ao meu pai e a miña nai, máis a miña nai, e ela sempre decia e dálle! Ou veña, e dálle! Dende aquela cando un feito ou unha opinión, normalmente insidiosa, se repite día tras día sáleme de dentro aquel e dálle!

04/04/2007
Assinar:
Postagens (Atom)